Def Con Dos - Ultramemia (Galego) lyrics

Published

0 275 0

Def Con Dos - Ultramemia (Galego) lyrics

Non é bo para ti que preguntes demais Que te apartes do carreiro do perfecto cidadan Matrimonio soso, traballo precario Na tua mente a quimera de te facér encargado Tampouco che convén perderte en moitas leiras Cos feitos que, o pensalos, se converten en problemas Deixa que o mundo siga o curso seu E continua o teu camiño en silencio e o teu Non cometa-lo erro de altera-las directrices En que se apoia a xente con quen vives "É preferible a inxustiza a desorde" Dicia o meu avo o se abrocha-lo uniforme A tua conducta inquieta os veciños Sinalante pola rua os que foron teus amigos Isto xa era asi antes de que ti naceses Non lle deas mais voltas, cala e obedece: Porque estás en Ultramemia Vivirás en Ultramemia Naceches en Ultramemia E morrerás de noxo Bordando co teu tedio a sua bandeira Non é aconsellable desconfiar do mandatario Sagrado temonel do teu destino e o teu fado El pensa por ti para que non penses en nada: Cun cerebro sobra para toda a niñada Enturbas con dubidas a imaxe do Mister E por riba pretendes que ninguén te vixie Isto xa era asi antes de que ti naceses Non lle deas mais voltas, cala e obedece: Porque estás en Ultramemia Vivirás en Ultramemia Naceches en Ultramemia E morrerás de noxo Bordando co teu tedio a sua bandeira Segue cos selos ali na estafeta Mellor ser anodino ca profeta Quita esas parvadas dos miolos Tampouco é tan incomodo vivir de xeonllos